La Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo destina 35.000 euros a su campaña de Navidad, que incluye, según explican, la XIV Festa do Comercio, el photocall en la calle Rodríguez Murias, y la entrega de materiales gratuítos para las empresas asociadas y la ampliación horaria de la hostelería.
La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que «comezou decembro e Acisa puxo en marcha os seus motores á máxima potencia para facer da nosa vila o destino navideño de referencia. Completamos la programación anunciada co Concello, con algunhas iniciativas especiais».
Cruzado Iglesias dijo que «presentamos a principios de semana a campaña da XIV Festa do Comercio, que se desenvolverá ata o 11 de xaneiro. Ese día será o sorteo presencial na carpa situada na Avenida Rosalía de Castro no que estarán en xogo unha viaxe a Mallorca de 4 días para dúas persoas, 6.000 euros en vales de compra e 2 xoias de alto valor. Con esta campaña e este premio especial do viaxe a Mallorca queremos poñer o broche de ouro á conmemoración do 35 aniversario de Acisa Ribadeo que tivo lugar neste 2024».
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, indicó que «todas aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado a Acisa Ribadeo recibirán as papeletas para participar no sorteo. En total póñense en circulación 180.000 rifas, que son 10.000 máis que na pasada edición, atendendo así a gran demanda destas datas, e que o ano pasado xa se aumentara en 20.000».
Pérez Prada subrayó que «o que queremos dende Acisa é contribuír a crear e manter o espírito destas datas en Ribadeo».
Agradecimientos
La presidenta de Acisa agradeció «especialmente pola colaboración do patrocinador principal desta campaña, o noso asociado BeOne, que fai unha achega económica que para nos é moi importante, e para Multitrasteros, como empresa colaboradora, que tamén fai unha achega económica, así como para Joyería Azabache e Galeria Terra Branca, que doan dous agasallos de alto valor, como firmas colaboradoras».
El gerente de Acisa explicó que «ademais contamos tamén co xa tradicional photocall na Rúa Rodriguez Murias, un espazo no que buscamos que veciños e visitantes se animen a fotografarse este Nadal para gardar un recordo destas datas». Pérez Prada también recordó que «puxemos a disposición dos socios e socias de Acisa diferentes materiais gratuítos. A novidade deste ano foron os 2.000 vasos para o ocio nocturno, ademais das 1.000 bolsas para botellas de viño, os 12.000 envases de comida para levar nun tamaño de 1.900 cl en aluminio e que se poden empregar no microondas, 4.000 vasos térmicos para café ou infusións e 4.800 bolsas de tea de algodón para comercio. Sen esquecer tamén, as ampliacións horarias de apertura».
Por último, la presidenta de Acisa asegura que «as expectativas para a campaña de Nadal son moi boas. Agardamos que todo o noso tecido empresarial obteña uns datos moi positivos. Desde Acisa traballamos para axudarlles e para contribuír ao seu éxito. Aproveito a ocasión para darlles ás grazas ao Concello de Ribadeo e á Xunta de Galicia, xa que a súa colaboración e axuda é moi importante para poder organizar e coorganizar todas estas actividades de Nadal, que serán un reclamo ao longo de todo este mes de decembro».