Nicole Grueira, portavoz del PP de Pol, lamenta «a opacidade e a mala xestión por parte do goberno municipal, co alcalde á cabeza e coa complicidade da Deputación Provincial de Lugo, que, lonxe de supervisar e garantir o bo uso dos recursos públicos, apoia os seus despropósitos». Pide «claridade sobre o destino dos 111.684,46 euros que dirixirá a Deputación de Lugo ao Concello de Pol para a adquisición dun inmoble e o arranxo dun supermercado».
Grueira estima que la acción es «un trapicheo máis do alcalde de Pol, toda vez que o Concello o traspasou o inmoble a unha Fundación que dirixe o propio alcalde e dous concelleiros máis do goberno local». «Esta decisión, sen unha xustificación sólida e sen garantías de transparencia, levanta serias dúbidas sobre o uso partidista e persoal dos recursos públicos», apunta.
Según explica la portavoz popular, «o alcalde anunciara dirixir fondos para a compra de inmobles para destinalos a vivendas sociais, pero non existe nin proxecto definido nin cartos para facelo realidade». «É inadmisible que o alcalde siga tomando decisións sen dar explicacións claras á cidadanía, especialmente tendo en conta a delicada situación económica do Concello, que arrastra unha débeda superior aos 3 millóns de euros e que pasa serias dificultades para pagar os gastos xerais, segundo reflicten os informes técnicos. Non se entende que, neste contexto, o alcalde siga priorizando gastos innecesarios e de utilidade cuestionable. Este novo gasto de diñeiro público se suma ao investido para adquirir un autobús en condicións lamentables (con rodas desgastadas) nunha operación pouco transparente, á vista de que o alcalde nega o acceso ao expediente de compra que ten solicitado o PP e ao que ten dereito. É dicir, o alcalde non quere que vexamos esa información», agrega.
«Estamos fartos de que o alcalde actúe de maneira unilateral, atendendo aos seus propios intereses e sen respectar as necesidades reais do municipio. Faino coa complicidade do goberno da Deputación de Lugo, que, neste caso, está a renunciar ao rigor e á responsabilidade», censura Nicole Grueira