Nicole Grueira, portavoz del PP de Pol, lamenta que «a tradicional comida dos maiores non se celebra por falta de cartos». «Era un dos eventos máis agardados do ano, xa que durante décadas foi un momento de encontro, recoñecemento e desfrute para quen leva toda unha vida contribuíndo á nosa comunidade», afirma.
Grueira considera que «é moi triste que non haxa cartos para esta celebración, mentres o alcalde si que atopa os recursos necesarios para convidar a quen el quere. Mentres a comida dos maiores é cancelada unha e outra vez, o alcalde continúa gastando os recursos públicos nos seus propios caprichos, esquecendo por completo a importancia de manter vivas as tradicións que unen á nosa veciñanza, de arranxar os camiños, ou de atender as necesidades básicas do municipio, como contar cunha persoa para abrir e pechar o colexio».
La portavoz del PP exige «ao alcalde que rectifique e que devolva aos nosos maiores o recoñecemento que merecen, recuperando unha celebración que nunca debería terse perdido».