El PP critica que el Concello de Pol «destine cartos para poñer calefacción no campo de fútbol de Pol mentres non paga as aportacións da residencia de maiores»

FOTO GPP residencia maiores Pol (1)
photo_camera Ameijide y Grueira, ante la residencia de mayores de Pol

Antonio Ameijide afirma que «a débeda do concello coa Deputación vén derivada de varios incumprimentos»

Antonio Ameijide, portavoz provincial del PP, afirmó que «José Tomé non pode subvencionar dende a Deputación que o alcalde de Pol poña calefacción nas gradas do campo de fútbol mentres non paga as aportacións da residencia de maiores, é inmoral». «A Deputación de Lugo retivo 41.876,25 euros dun convenio para actuacións nas gradas do campo de fútbol e polideportivo municipal tras ver como o Concello de Pol non cumpriu coas súas obrigas e debe 157.858,71 euros», agregó.

El portavoz popular expuso que «a débeda do Concello de Pol coa Deputación de Lugo vén derivada de varios incumprimentos ao non achegar á institución provincial: 55.225,46 euros do convenio de xestión compartida do centro de maiores de 2022, 73.274,54 euros do convenio de xestión compartida do centro de maiores de 2023 e 29.358,71 euros da construcción do centro de maiores». «Está claro que a Deputación non confía en que o Concello de Pol ingrese o que lle deben, polo que recorren a unha compensación de débeda, incautándolle os cartos, para garantir que cobran o que debe o alcalde de Pol», manifestó.

Ameijide señaló que «levamos moito tempo esixindo un trato igualitario para todos os veciños da provincia e, sobre todo, un uso adecuado e responsable dos fondos públicos. Non pode ser que haxa cartos sen fin para os amiguetes que, á vista dos feitos, teñen prioridades cando menos cuestionables. O Concello de Pol é un dos municipios máis beneficiados polos convenios a dedo que asina José Tomé. Para que? Para facer un uso totalmente irresponsable dos cartos. É lamentable que o alcalde de Pol dea prioridade a poñer calefacción nas gradas dun campo de fútbol en lugar de pagar as facturas da residencia da terceira idade do municipio. A realidade é que José Tomé, o PSOE e o BNG teñen que dicir publicamente que lles parece que un dos alcaldes máis beneficiados polos convenios que destinan a dedo abandone aos maiores do seu municipio mentres pon calefacción nas gradas do campo de fútbol».

Nicole Grueira, portavoz del PP de Pol, indicó que «non se pode permitir que o alcalde gaste miles de euros en mercar edificios que logo se abandonan e caen, ou que sega derrochando cartos sen control en todo tipo de ocorrencias mentres as pistas e camiños municipais están sen arranxar, non se pagan as aportacións da residencia da terceira idade ou os servizos básicos que necesitan todos os veciños non están cubertos».