El PP de Pol lamenta que el alcalde votase «en contra da proposta de recuperar o servizo de conserxería no colexio de Mosteiro»

Nicole Grueira, diante a Casa do Concello
photo_camera Nicole Grueira, portavoz del PP de Pol
Los populares reclamaron que las sesiones plenarias se retransmitan

El PP de Pol lamenta que «o alcalde reiterou que non vai cubrir o servizo de conserxería no colexio de Mosteiro durante o debate da moción do Grupo Popular na que se instaba ao goberno municipal a cubrir de maneira urxente esta praza, a cal foi rexeita ao votar en contra os concelleiros do PSOE». 

Lino Rodríguez dijo, según manifiestan los populares, «que non a iba a cubrir salvo que llo marque a lei. E, precisamente, o servizo de conservación, mantemento e vixilancia dos edificios destinados a centros públicos de educación infantil ou primaria -servizos que se poden encadrar dentro dos propios dun conserxe- corresponden ao Concello segundo establece a Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, na súa disposición adicional decimoquinta». Además, argumentan que «existe un acordo da Consellería e a Fegamp de maio do 2007 que, na súa cláusula terceira, recolle que o persoal, subalterno ou doutro tipo, dependente dos concellos que preste servizos nos centros docentes, seguirá desempeñando as mesmas funcións que xa ten encomendadas e seguirá dependendo laboralmente do concello respectivo».

La portavoz Nicole Grueira señala que «o alcalde incumpre as normas, deixando á comunidade educativa sen este servizo sen ningún tipo de pudor. Lamentamos a irresponsabilidade do alcalde que fai que o centro vaia a continuar sen persoal que atenda e vele polo correcto funcionamento diario do centro de forma eficiente e segura. Levamos moitos meses insistindo en que se dote de persoal o servizo de conserxería, pero o goberno socialista vese que non está polo labor de facelo».

Otra de las propuestas realizada por el PP fue la de la retransmisión de las sesiones plenarias, que, según indica Grueira, «tamén foi rexeitada cos votos en contra do goberno socialista. Defendemos que os plenos deben ser públicos e accesibles para garantir a transparencia e a participación cidadá e, sobre todo neste concello, os veciños deben coñecer a realidade e a maneira de actuar do alcalde. Non sabemos o que pretenden agochar Lino Rodríguez e o seu equipo de goberno ao opoñerse a esta petición».

Los populares también critican que «aprobouse, unha vez máis, outra modificación extraxudicial de crédito á que votamos en contra, xa que non se pode xestionar un concello a base de recoñecementos extraxudiciais de crédito e non imos a ser cómplices desta mala xestión económica que se reflicte en que a débeda segue a crecer de maneira preocupante, superando xa os 3 millóns e medio de euros».

Comentarios