Bota a andar o Mercado Medieval de Mondoñedo

Inauguración dos actos previos do Mercado Medieval de Mondoñedo

Hoxe botan a andar os actos previos da XXXI edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo. Un concerto do coro Mestre Pacheco e o Pequemedieval polas rúas da cidade servirán, esta noite e mañá, respectivamente, para ir abrindo boca cara ás xornadas principais da fin de semana.


O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do programa xunto co alcalde, Manuel Otero, e subliñou que «se trata dunha festa de interese turístico que conta co apoio do Goberno galego». 


Os postos do mercado abrirán o venres a partir das 20 h, e o pregón será ás 12 h do sábado, a cargo de representantes da asociación O Pasatempo.