A tradicional romaría de Santa Eufemia de Trasbar celebrarase a vindeira fin de semana

A romaría de Santa Eufemia de Trasbar celebrarase esta fin de semana
A cita, organizada pola asociación de veciños do Burgo de Trasbar coa colaboración do Concello de Cervo, terá lugar os días 15, 16 e 17 de setembro.

A cita festiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que se encarga da organización dos festexos.

A Romaría dará comezo o venres ás 23 h da man de Disco Móbil Conxuro. O sábado, ás 13 h será a misa solemne na honra de Santa Eufemia cantada polo Coro de Cervo, e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fussion, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22 h. Ao remate, haberá unha degustación gratuíta de caldo galego para os asistentes. O domingo, ás 13 h, volverá haber misa, na honra de San Antonio e o Carme, cantada polo Coro de Cervo, seguida de sesión vermú co Dúo EPOK.

O Concello de Cervo convida a todos, veciños e visitantes, a que gocen desta festa a vindeira fin de semana.