Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga. As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo para os cursos de natación da temporada 2023-2024 tanto para crianzas como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación da persoa usuaria e tamén se impartirán clases de aquagym. Os cursos son de aforo limitado e o criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo. No caso dos cursos de natación, o prazo para anotarse, que será de maneira presencial na piscina, permanecerá aberto ata o próximo día 22 de setembro.
Tal e como sinalou a rexedora, Dolores García Caramés, «volvemos apostar firmemente, un ano máis, polo deporte como elemento imprescindible no noso día a día, xa que é un ingrediente esencial para o benestar das persoas, desde as idades máis temperás». Desde o Concello de Cervo, neste sentido, —precisou— «queremos darlle á nosa veciñanza diferentes e atractivas posibilidades para que actividade física sexa parte importante da súa rutina diaria, e traballamos por elo na elaboración dunha axenda o máis completa e diversa posible, adaptada a todas as idades, tendo en conta tamén, que temos o privilexio de contar con instalacións deportivas de primeiro nivel», engadiu.
As inscricións poden descargase a través das seguintes ligazóns: