Os deputados provinciais Antonio Ameijide e José María Fernández estiveron en Burela co voceiro popular no municipio, Manuel Rouco, onde manifestaron a necesidade de humanizar a LU-P1502, «onde os peóns teñen que circular polo arcén ou polo carril de circulación para chegar á parada de bus que hai na vía».
O voceiro popular Antonio Ameijide sinala que «son necesarias varias actuacións nesta vía, como a instalación de beirarrúas, a limpeza das cunetas ou a instalación de biondas, actuacións todas encamiñadas a garantir a seguridade viaria».
Os populares sinalan que «a beirarrúa é necesaria para evitar que os peóns teñan que camiñar polo arcén ou invadir un dos carrís de circulación, polo que adecuar un espazo para que as persoas camiñen con seguridade é fundamental xa que hai unha parada de autobús na vía».
«Tamén son necesarias a limpeza das cunetas para unha correcta evacuación da auga da chuvia e a colocación de bionda», conclúen os populares.