O PP de Barreiros esixe melloras no acceso á depuradora municipal

Os populares de Barreiros piden melloras inmediatas nos accesos á depuradora municipal despois de comprobar como non hai porta de acceso ao recinto e que no seu lugar colocáronse varios arames de plástico que «nin chegan a dificultar o acceso ás instalacións». 

José Manuel Gómez Puente, voceiro popular en Barreiros, explica que «estamos ante unha mostra máis do deixamento da alcaldesa nacionalista á
fronte do Concello, xa que esta instalación debería de ter unhas condicións de seguridade importantes e vemos como calquera pode entrar, a pesar do
risco que pode supoñer». 

Os populares tamén reclaman melloras na limpeza do municipio, «sendo preciso acometer de inmediato desbroces de vexetación tanto nas beiras
das estradas como nas zonas públicas destinadas ao paseo xa que a imaxe que levan veciños e turistas é dun total abandono, sendo precisa tamén a
renovación de numerosos sinais de tráfico, xa que moitos están deteriorados ou rotos».