Dous concertos para promocionar a Escola Municipal de Música de Xove
Hoxe pola mañá, ás 10 h, no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán e, ás 10:45 h no ximnasio do IES Illa de Sarón, cinco profesores da Escola Municipal de Música de Xove realizaron un pequeno concerto didáctico en cada un dos citados centros educativos. Con estes dous concertos abríronse as actividades do curso 2023-2024 da Escola Municipal de Música de Xove. Os mesmos tiveron unha doble finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outra banda, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar ao alumnado destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música, dado que a preinscrición aínda non remata ata finais deste mes de setembro. Os concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Seguindo coa Escola Municipal de Música, decir que o venres 29 de setembro, ás 16:00 h. terá lugar a presentación oficial do Curso 2023-2024, acto que se vai realizar na sede da Escola en Palmeiro, ao cal están invitados todos os pais, nais e alumnado da mesma.