El Área de Turismo de Ribadeo amplía su oferta con 13 nuevas rutas guiadas

turismo
photo_camera Fotografía: Concello de Ribadeo.
La concelleira de Turismo, Marta Saiz, ha anunciado la expansión de las visitas guiadas en Ribadeo, incluyendo 13 nuevas rutas que destacan espacios antes menos explorados, como el Fuerte de San Damián. 

El Área de Turismo incrementa su oferta en visitas guiadas y este año contará con 13 rutas diferentes, poniendo en valor espacios que hasta lo de ahora no estaban tan presentes, como es el caso del Fuerte de San Damián.


La concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicó que “poñemos en marcha esta visita ao Forte de San Damián aproveitando a celebración do 400 aniversario da súa creación. Terá lugar todos os luns a partir do 1 de xullo. E co afán de poñer en valor o Camiño de Santiago e o Santuario de Nosa Señora das Virtudes retómanse as visitas a esta capela, que alberga un dos conxuntos de pinturas murais tardomedievais máis importantes de Galicia. Ésta poderase visitar os domingos ás 11:30 da mañá”.


La edil ribadense expuso que “a estes percorridos que toman protagonismo, súmanse as xa coñecidas visitas guiadas polo centro, as xeorutas e as visitas teatralizadas, que ano tras ano acadan todas elas un gran éxito, podendo disfrutar así cada día cunha visita guiada diferente”.


Saiz indicó que “o mércores será a quenda do Ribadeo Indiano, un paseo guiado para coñecer a historia viva da pegada da emigración a ultramar. No Ribadeo Antigo mostrarase a parte da muralla e o entramado de rúas que prevalece da época medieval. Estas visitas serán os venres. Xa na fin de semana o protagonista será o Ribadeo Ilustrado, que nos levará á época de esplendor do porto comercial, cuxa figura protagonista é Raimundo Ibáñez”.


La concelleira de Comercio e Turismo manifestó “a estas súmanse tres visitas teatralizadas: unha polo Ribadeo Ilustrado que terá lugar os xoves ás 20.30 horas a cargo do grupo de teatro Os Quinquilláns; e as visitas teatrais ao Ribadeo Indiano durante a fin de semana: o sábado ás 12 horas con Suso Martínez, guía-actor, e o domingo ás 20:30 horas con Susana Álvarez, actriz ribadense”.


Marta Saiz declarou: “por último, falando da importancia do patrimonio natural e concretamente do xeolóxico organízanse 4 xeorutas: a da ría para descubrir a súa orixe e a súa evolución; a dos Pregues, unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña Lucense, o gran pregue que se estende dende a ría de Foz ata a de Ribadeo; a dos Ollos, un dos tesouros xeolóxicos do treito litoral do famoso pobo mariñeiro de Rinlo; e a dos Arcos, nunha visita onde se localiza o conxunto de arcos rochosos máis importante da Península Ibérica”.


Saiz añadió que “todas estas visitas serán de balde, pero con prazas limitados. Para formalizar a reserva, deberán entrar na sección de Momentos da páxina web turismo.ribadeo.gal. Tamén poden conseguir máis información chamando ao teléfono 982 128 689”.


La edill tuvo palabras de agradecimiento para las empresas locales: “dende o Concello queremos agradecer á empresa privada, xa que o noso destino turístico ten o privilexio de contar cunha gran variedade de empresas de turismo activo e asociacións deportivas que ofrecen interesantes opcións para descubrir e gozar do noso entorno, como paseos en barco, aluguer de embarcacións, o Laberinto de Rinlo, o tren turístico, motos de auga, aluguer de bicis ou canoas, piragüismo, etc... ás que se suma este ano a posibilidade de facer paseos en barco ata a praia das Catedrais. Esta tempada estival prevense bos datos de afluencia e Ribadeo está preparado para poñer en valor o seu patrimonio cultural e natural de forma didáctica e atractiva”.

Comentarios