Mondoñedo acollerá a VIII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

VIII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes en Mondoñedo
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización da VIII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que se celebrará o 16 e 17 de outubro no Pazo de Santomé, en Mondoñedo.

A área de Medio Rural apoia economícamente o desenvolvemento deste encontro, no que se analizará a contribución da gandeiría cabalar á conservación do medio natural, a través da experiencia de gandeiras e gandeiros do interior da Mariña lucense e de persoal técnico e investigador, deténdose na situación e perspectivas do cabalo de pura raza galega, a relación da gandeira cabalar con predadores, a experiencia de comunidades de montes veciñais no manexo desta gandeiría ou iniciativas de promoción como a da Feira do Poldro de Muras.


O deputado de Medio Rural, Daniel García, valorou a «a oportunidade de formación e intercambio de coñecementos entre gandeiros e gandeiras que supón este encontro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que incide nun aspecto que consideramos fundamental como é a contribución da gandeiría á conservación do medio natural e polo tanto do territorio e das paisaxes» e destacou «a planificación da xornada nos días previos ás San Lucas, que coa súa tradición secular dan testemuña da importancia económica, social e cultural que a gandeiría cabalar ten nos concellos interiores da Mariña».

Esta será a súa programación

Luns, 16 de outubro

  • 9:30 h: Recepción de asistentes e entrega de documentación
  • 10 h: Inauguración da VIII Reunión de Outono da SGPF
  • 10:30 h: Patoloxías máis comúns do gando cabalar en Galicia e medidas de prevención. Herminio Pose Nieto. Veterinario (SERVETEQ)
  • 11 h: Situación actual e perspectivas de futuro do cabalo de pura raza galega. Isabel Casariego Vierna (Técnica de PURAGA).
  • 11:30 h: Debate sobre os temas tratados
  • 12 h: Pausa para café
  • 12:30 h: As bestas e o seu manexo na Gandería “XAN das BOUZAS”. Alba Recalde López (Gandeira) Curros-Mondoñedo
  • 12:50 h: As bestas: o gando pioneiro na recuperación de terras con dificultades especiais. Alejandro Salvatierra Fernández (Gandeiro) Neipín- A Pontenova
  • 13:10 h: Experiencias con gando equino no control efectivo da matogueira. Santiago Crecente Campo (Investigador CIAM-AGACAL)
  • 13:30 h: Debate sobre os temas tratados
  • 14 h: Xantar e intercambio de impresións (Catering “Chao da Brea”)
  • 16:15: Saída para a visita guiada á granxa de cabalo do monte de SAMORDÁS (Galgao-Abadín). Guiada por María Rivas Seivane e Cristina Ares Rivas (gandeiras)
  • 18:15 h: Fin da primeira xornada

Martes, 17 de outubro

  • 10:30 h: O manexo colectivo do cabalar no MVMC “Buio e Lerín” de Boimente (Viveiro). Antonio Yáñez Rúa (Presidente da Comunidade de Boimente).
  • 10:50 h:  “A FEIRA DO POLDRO” e a importancia do gando cabalar no Concello de Muras. Manuel Requeijo Arnejo (Alcalde de Muras)
  • 11:10 h:  A xestión multifuncional e diversicada produción forestal no MVMC de Carballo (Friol). Xosé Manuel Iglesias Espiño (Asesor e Técnico Forestal CMVMC de Carballo).
  • 11:30 h:  Debate sobre os temas tratados
  • 12 h: Pausa para café
  • 12:30 h: Lobo, Cabalos e Monte, estado da cuestión. José Vicente López Bao (Investigador do CSIC en Asturias)
  • 13 h: A influencia dos predadores para a conservación do gando cabalar na Comunidade de Montes de Frexulfe (Valadouro). Esteban Prieto Ferreiro (Presidente do MVMC de Frexulfe)
  • 13:20 h: Debate sobre os temas tratados
  • 13:45 h: Clausura da VIII Reunión de Outono da SGPF.
  • 14 h: Xantar e cambio de impresións (Catering Chao da Brea)
  • 16:h: Saída para visitar a concentración e inicio da baixada da “grea” de “Xan das Bouzas” desde o Alto do Fiouco, contemplar a entrada na praza da Catedral e rúas de Mondoñedo das diferentes greas que baixan á cidade.

 

Comentarios