El Grupo Popular de Lugo ha denunciado «a grave falta de xestión do goberno local en relación ás Caldas do Miño, unha infraestrutura que non estaba rexistrada ante a autoridade sanitaria competente no momento en que se detectou o brote de lexionella no pasado mes de setembro». «Outra das deficiencias que se desprende da información á que tivemos acceso é que o plan de prevención tralo brote de lexionela estaba incompleto. A pesar dos resultados alarmantes das análises de auga realizadas, que superaban amplamente os límites de seguridade, o goberno local non notificou medidas correctoras nin estableceu un cronograma para a reapertura. Sabíamos que as caldas era un mal proxecto o que non sabíamos era que tamén puxo en perigo a saude dos usuarios, ainda que fose poucos, merecen ter unhas garantías de seguridade», argumentan.
Los populares estiman que «as Caldas do Miño son o símbolo dunha mala planificación pola que agora estamos pagando todos os lucenses. Cun custo anual de 400.000 euros, esta infraestrutura só serve para reflectir a pésima xestión do goberno local. Hai que lembrar que estas Caldas non son terapéuticas e a auga que utilizan é da billa e se quenta con aerotermia; a antetítese dun goberno ecolóxico».
«É inadmisible que un goberno que presume de xestión sexa incapaz de cumprir coa normativa básica nun proxecto que eles mesmos impulsaron. As Caldas do Miño non son só unha instalación pechada, son o reflexo dun modelo de goberno que fai augas por todas partes», subrayan.