El PP de Lugo reclama que se avance en la licitación de los comedores escolares

Mar Carballas
photo_camera Carballas pide que se reactive «canto antes» la licitación
Mar Carballas afirma que «o proceso leva oito meses parado»

El PP de Lugo cree «necesario» avanzar «con axilidade na nova licitación do servizo de comedor e almorzo escolar dos CEIPs municipais, de cara a garantir un servizo estable e de calidade para o curso 2025-2026». Según explicó Mar Carballas, «o 1 de agosto de 2024, o Concello anunciou que desistía do proceso de licitación por un erro no estudo de custos, o que freou a contratación prevista. Desde aquela data non se déron novos pasos para retomar o procedemento, polo que consideramos prioritario poñelo en marcha canto antes. Durante este tempo prorrogouse o contrato coa empresa que xa prestaba o servizo, malia que varias ANPAs trasladaron queixas relativas á variedade dos menús, á calidade dalgúns alimentos e á atención ás alerxias ou necesidades especiais dos nenos e nenas».

Carballas señaló que «o PP presentou un rogo ao Pleno municipal solicitando ao goberno local que reactive canto antes a licitación e que revise o funcionamento actual do servizo para identificar posibles melloras. A nosa intención non é criticar por criticar, senón contribuír a buscar solucións. A alimentación escolar é un servizo esencial para moitas familias e, por iso, debe estar ben organizado e adaptado ás necesidades reais dos centros e do alumnado».

Comentarios