El PP ha insistido en trasladar la preocupación «pola desaparición de Lugo do mapa do Corredor Atlántico para o horizonte 2030». Reclamarán al Gobierno de España un nuevo Plan Director para «evitar o illamento da provincia de Lugo, garantindo a conexión coa alta velocidade e investimentos en infraestruturas».
Elena Candia, presidenta del PP provincial, afirma que «a nosa reivindicación adquire moita máis importancia despois de que esta mañá o Delegado do Goberno dixera que o Goberno converterá a Galicia no polo da nova mobilidade do noroeste, ao lado da alcaldesa e do presidente da Deputación, sendo coñecedores de que o Plan Director borra a Lugo do mapa. Pídolles que rectifiquen de ser cómplices do abandono e que, por primeira vez, antepoñan Lugo aos intereses do proxecto político no que militan».
Antonio Ameijide, portavoz provincial de los populares, indica que «o Corredor Atlántico é unha das dúas infraestruturas multimodais na península de servizo de viaxeiros e mercancías, xunto ao Corredor do Mediterráneo, que forman parte dos 9 corredores da rede única europea, estratéxica para o desenvolvemento loxístico e a conexión de nós urbanos. Nin sequera sae o nome de Lugo no mapa. É máis, é a única provincia do entorno que queda fóra de todo».
Ameijide manifiesta que «xa sabiamos que Lugo non forma parte dos plans de Sánchez. Lugo ten unha estación sen trens e queda fóra da alta velocidade. O trazado actual da liña Ourense-Lugo non permite alcanzar os 160 km/h de media establecidos para os trens de viaxeiros, senón que esa é a velocidade máxima punta en escasos tramos da rede na provincia e o Goberno de España non contempla a execución das variantes de Os Peares-Canabal nin Rubián, imprescindibles para reducir os tempos de viaxe».
El portavoz provincial expone que «o Executivo de Sánchez só contempla, en materia ferroviaria, a supresión de pasos a nivel na liña Monforte-Ferrol/A Coruña. Nada para a modernización da liña, nin para a dobre vía nin para a instalación do sistema ERTMS do que queda fóra ata 2040. E, en canto ao anuncio sobre o estudo da conexión de Lugo con Santiago, é un globo sonda. Fan o anuncio, pero non contemplan investimentos no Plan Director».
Acerca de las comunicaciones por carretera, Ameijide dice que «quedan fóra da planificación de investimentos a A-56 que permitiría conectar Lugo con Ourense por autovía (os usuarios teñen que empregar a alternativa, a LU-540, en pésimo estado), ou a A-74 (a autovía da Mariña para a que recentemente saía a exposición pública o primeiro tramo por segunda vez en sete anos) e a A-76 Ponferrada-Monforte-Ourense. E, á falta de impulso das novas autovías, hai que engadir a inexistencia dun programa de mantemento das estradas xa existentes»