Rubén Lorenzo, portavoz de Industria del PP en el Parlamento, afirmó hoy en el Pleno que «a instalación do proxecto de Altri en Palas de Rei vai depender do estrito cumprimento das normas europeas, das españolas e das galegas, normas que son das máis respectuosas co medio ambiente de todo o mundo. O proceso de tramitación ambiental no que se atopa o proxecto é a garantía de que a Xunta só respaldará a implantación de novas actividades económicas no territorio que sexan compatibles co decidido impulso ao sector primario galego».
Lorenzo criticó que «destacados dirixentes tanto de BNG como do PSdeG reclamaban con vehemencia nos anos 2021, 2022 e 2023 o proxecto da biofábrica para o seu municipio. O motivo do seu cambio de criterio non é outro que o resultado das eleccións do pasado mes de febreiro. Asúmano: a maioría silenciosa dos galegos non aceptan o seu discurso contra unha Galicia reindustrializada dun xeito sostible».
Durante su intervención, Lorenzo aseguró que «o proxecto de Altri non vai supoñer a eucaliptización de Galicia. Na comunidade galega córtanse cada ano 6 millóns de metros cúbicos de eucaliptos, dos que máis de dous millóns se transforman en Galicia e os outros catro saen fora como madeira de rolla, sen ningunha transformación. Altri transformaría 1,2 millóns de metros cúbicos de eucalipto, polo que en Galicia existe recurso máis que suficiente para atender ás industrias que pechen o ciclo e deixen o valor engadido na Comunidade galega».
Como conclusión, Rubén Lorenzo indicó que Altri «incorpora tecnoloxía innovadora para o aproveitamento eficiente da auga captada, polo que a dispoñibilidade de auga para outros usos na comarca da Ulloa estaría plenamente garantida. Entre tanta desinformación, estamos perdendo unha gran oportunidade para falar do verdadeiramente importante: o cumprimento das normas vixentes e a oportunidade que temos de reindustrializar o noso país. Vostedes poden defender o que queiran, poden seguir enlamando e intoxicando sen límites morais nin éticos, pero o que non deberían facer, por respecto e dignidade ao noso país, é seguirlle mentindo á sociedade galega».