Javier Arias afirma que la inversión de la Xunta en la provincia de Lugo en 2025 es la mayor «por habitante»

Javier Arias
photo_camera Javier Arias manifiesta que la Xunta ahonda en el compromiso con las políticas sociales
Recibirá 1.892 millones de euros de la administración autonómica

Javier Arias, delegado territorial de la Xunta en Lugo, destacó «o compromiso do Goberno galego con Lugo, que suma 1.892 millóns de euros nas partidas de investimento xa territorializadas dos Orzamentos para 2025, e volve a ser a provincia con maior investimento per cápita, con 5.840 euros por habitante, un 4,9% máis que o ano pasado». «Os orzamentos da Xunta para o próximo exercicio son os máis altos da historia de Galicia, con 13.954 millóns de euros, un 2,6% máis respecto ao ano pasado, e tamén os máis sociais, buscando cimentar o benestar dos maiores, os servizos ás familias, a promoción da vivenda e o impulso aos sectores produtivos», añadió.

El delegado de la Xunta subrayó «o compromiso coas políticas sociais reflíctese na provincia de Lugo cun gasto que ascenderá a 193 millóns de euros, un 11% máis que o ano anterior, con orzamento para a remodelación, na cidade, das residencias de maiores da Milagrosa (1,4 millóns) e das Gándaras (4 millóns, o doble do ano pasado), como tamén para a reforma das residencias de Castro Ribeiras de Lea e de Burela. Contémplanse ademais partidas para o novo centro de servizos sociais situado na Rampa Claudio López de Lugo (1,3 millóns) e para a creación do novo centro de crise 24 horas, no HULA, que prestará atención continuada ás vítimas de violencia sexual». También anunció que la Consellería de Política Social «reserva igualmente partidas para a remodelación do centro de menores Santo Anxo, de Rábade, e para a posta en marcha dun punto de encontro familiar en Cervo, que dará servizo á Mariña».

Arias destacó «ademais a posta en marcha o vindeiro ano da nova residencia de maiores de Antas de Ulla, con 48 prazas, o plan de choque para mellorar os tempos de agarda para acceder á dependencia, o mantemento da gratuidade das escolas infantís, e as axudas ás familias a través do Bono Concilia e do Plan Corresponsables».

En el ámbito sanitario, el presupuesto prestará atención a «o avance das obras en diversos centros de saúde, en desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria. Consígnase crédito para avanzar na reforma dos centros de saúde de Outeiro de Rei, de Antas de Ulla e da Milagrosa, en Lugo, así como o importe para a contratación do proxecto do centro de saúde de Meira, na que actualmente se está a traballar. En Lugo, a Xunta mantén tamén o pleno compromiso coa construción do novo centro de saúde do Sagrado Corazón. A vontade é impulsar esta infraestrutura, para o que é necesario retomar o diálogo co Concello de Lugo, toda vez que modificou a súa proposta inicial en canto á parcela».

También habrá partidas para «seguir apostando polos hospitais comarcais, con case 6,5 millóns de euros para avanzar na ampliación do Hospital da Mariña (5 millóns) e no Plan director do Hospital de Monforte (1,4 millóns), co obxectivo de contar con espazos máis modernos e funcionais. Destinarase medio millón para adquisición de ecógrafos en toda a área sanitaria».

En lo referente a la Consellería de Vivenda, la inversión en la provincia de Lugo será de 71,78 millones de euros, un incremento del 2,1% con respecto al año anterior. «Destaca a aposta pola vivenda pública», explicó Arias. «Licitarase ademais o concurso de ideas para o barrio da Tinería e continuarase a desenvolver este ámbito con novas actuacións. A través do programa Rexurbe investiranse máis de 1,8 millóns en Lugo, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro e Vilalba e financiarase con máis de 3,6 millóns de euros a rehabilitación de vivendas en cascos históricos para destinalos a alugueiro social», añadió.

En infraestructuras, «consígnanse 2 millóns de euros para iniciar a conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, e outro tanto para avanzar na mellora do eixo entre Begonte, Friol e Palas de Rei da estrada LU-231. Tamén se reservan 3 millóns para a restitución da estrada LU-651 en Folgoso do Courel, e fondos para acometer a mellora da estrada da Gañidoira (LU-540) no marco do plan de obras para a VAC Costa Norte e outras da contorna dotado con 4,75 millóns. A partida para a conservación e reforzos de firme nas estradas provinciais medra en 3,4 millóns, ata superar os 12», asevera Arias.

En la ciudad de Lugo, «a Xunta mantén a súa aposta pola Ronda Leste como anel de circunvalación, coa reserva de 5 millóns, e contempla 500.000 euros para a ampliación e arranxo da rúa Serra de Meira, dando continuidade ao programa de investimentos do Plan Paradai e confiando en que sexa posible executalos cando a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil remate a obra no vial». 

En el campo de la Educación, según manifiesta Arias, «os Orzamentos para 2025 superan, por primeira vez, os 3.000M€, 66M€ máis que no último ano, o que supón un máximo histórico, que permitirá afrontar retos como a maior modernización do sistema educativo que comezou este curso ou a matrícula universitaria gratuíta e unha intensa aposta polo I+D+I. Afondarase na actualización dos centros educativos da provincia, cun orzamento de máis de 2,5 millóns para a rehabilitación integral do CEIP Plurilingüe Avelino Díaz (Meira) e o CEIP Veleiro-Docampo (Castro de Rei), ademais de actuacións de mellora nos CEIP Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo), CEIP Xoán de Requeixo (Chantada) e no CIFP Porta da Auga (Ribadeo)».

En Lugo ciudad, la Xunta «segue a apostar pola mazá educativa coa rehabilitación integral, xa en marcha, do IES Lucus Augusti, para o que se destina 1,6 millóns de euros na súa segunda anualidade de execución. O Campus Terra de Lugo verase reforzado cun investimento de 4 millóns para seguir promovendo o seu desenvolvemento».

Presidencia, Xustiza e Deportes asignará «unha partida de 6,2 millóns destinada a impulsar a Estación Intermodal de Lugo, para acadar a plena integración da estación de autobuses coa ferroviaria, e outra de 1,6 millóns para a reforma do estadio Anxo Carro». «Por outra banda, reforzarase a colaboración cos concellos no vindeiro ano, aumentando a partida global ata os 641M€, cun incremento do 11% na nosa provincia, o que suporá o maior esforzo da historia da autonomía cos municipios. As contas autonómicas mobilizan tamén máis de 2,2€ para obras de eficiencia enerxética nos xulgados de Monforte, Vilalba e Viveiro», afirmó Javier Arias.

En Medio Ambiente, según comentó el delegado de la Xunta en Lugo, «consígnanse partidas para a conservación de hábitats nos Ancares Lucenses e a restauración das áreas afectadas polo lume no Courel. Actuarase ademais sobre o saneamento e abastecemento nas zonas de Pantón, Triacastela e Outeiro de Rei».

La Consellería de Medio Rural, por su parte, «mantén a súa aposta por un territorio coidado e produtivo e, por iso, promove o Plan Camiña Rural, dotado con 10M€ para o vindeiro ano -4,5 millóns para a provincia de Lugo- e destina algo máis de 1M€ á posta en marcha de sete pasteiros co fin de aumentar a base territorial das explotacións e actuar como barreira natural contra os incendios forestais. Tamén se mellorará o regadío do Val de Lemos e haberá fondos para unha liña de achegas en apoio ao sector vitivinícola, para conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra».

Cultura, Lingua e Xuventude, consignará «preto de medio millón de euros para a posta en marcha da novidosa Rede Adival, co fin de dinamizar a cultura no rural, e o Plan de dinamización da lectura, ao que dedica 700.000 euros. Mantén o seu compromiso coa candidatura da Ribeira Sacra nos orzamentos e no eido patrimonial asigna máis de 760.000 euros ao Colexio do Cardeal de Monforte. Darase continuidade ao Plan Catedrais cun investimento de máis de 600.000 euros para restaurar a Catedral de Mondoñedo».

Industria proporcionará 27,5 millones de euros al Polo Aeroespacial de Rozas «para afondar na aposta innovadora no sector dos vehículos non tripulados e, na cidade, destaca unha partida de 4,7 millóns para continuar as obras de ampliación do Parque empresarial das Gándaras, en execución desde o mes pasado».

Emprego ha planificado la inversión de «730.000 euros para os centros de Formación Profesional Ocupacional de Lugo, Viveiro e a UAF de Monforte. Impulsaranse os 5 polos de emprendemento da provincia cunha achega de 600.000 euros e renovaranse oficinas de emprego como a de Monforte». Además, los puertos provinciales de titularidad autonómica «veranse beneficiados de novas melloras como o reforzo do dique de Celeiro, a remodelación do acceso ao porto de Ribadeo e renovación de luminarias LED nos portos de Ribadeo e Viveiro-Celeiro».

Comentarios