La actividad de la Oficina de Turismo de Foz creció con respecto al verano pasado

070924 O ALCALDE DE FOZ E A CONCELLEIRA KATHY NAVARRO CO EQUIPO DE SALVAMENTO
photo_camera Cajoto y Navarro, con el equipo de salvamento de Foz
Desde junio a agosto de este año, el número de visitas creció en mil

La Oficina de turismo y el Centro de Interpretación de la Basílica de San Martiño de Foz atendieron desde junio a agosto de este año a mil personas más que en 2023. Kathy Navarro, concelleira de Turismo, señala que «ano tras ano o concello de Foz ve en claro aumento as súas cifras de turismo, atraídos polas impresionantes praias e tamén polo patrimonio histórico e a oferta cultural».

Navarro explica que, en Foz, «sigue liderando o turismo nacional, que supón un 87 por cento dos visitantes achegados a estes centros, fronte ao 12% do turismo internacional. No turismo nacional, Madrid segue encabezando a lista da porcentaxe de visitantes que se achegan en verán, seguida de Galicia e Asturias, que van incrementando a súa presenza no concello. Tamén aumentan os turistas de Castela e León e, en menor medida, pero presentes, están os visitantes do País Vasco. En canto aos estranxeiros, sen dúbida a maior procedencia é de Francia, cun 45%, fronte a Inglaterra, Italia e Portugal, que teñen presenza, pero en menor medida, cun 12% de media cada un. O índice de pernoitas nos aloxamentos turísticos roza o 100% e continúan en aumento os visitantes do sur da península, debido as diferenzas nas temperaturas. Os turistas achéganse aos puntos de información do Concello de Foz en busca de información sobre Foz, A Mariña, rutas, aloxamentos, restaurantes e actividades de ocio».

Fran Cajoto, alcalde de Foz, indica que «ano a ano estamos a medrar e temos que pensar tamén en sustentabilidade. O Concello está a facer un esforzo moi importante, xa que 28 profesionais contratados polo Concello reforzaron os servizos públicos, pero vemos que non é suficiente. Veciños e visitantes trasládannos que debemos acelerar na mellora e coidado das rúas, por iso estamos a programar inversións que precisan de recursos».

El regidor también reclamó que la Xunta le permita al Concello recaudar una tasa turística que, según apuntó, «aportaría fondos para mellorar os servizos e que non só empadroados e propietarios sufraguen o que tamén desfrutan os visitantes. Concellos de toda España estano a facer e con éxito, pero en Galicia estamos vetados. Pasado o verán é momento de facer análise e reflexión, ver como debemos mellorar e tamén como facelo: precisamos as ferramentas».

«Seguimos aumentando o número de empadroados, o cal é o dato máis positivo que un alcalde procura,: aumentar a poboación que vive en Foz durante todo o ano. Vemos que se reactivan promocións inmobiliarias que estaban paradas e que se inician outras novas. En Foz hai dinamismo e debemos favorecelo e acompañalo. Necesitamos unha reflexión sobre a vivenda turística e como compatibilizala para favorecer alugueiros a prezos asequibles, tamén con vivenda pública. Pero con estes datos positivos os retos afróntanse con máis ilusión se cabe», comentó Cajoto.

Comentarios