Ribadeo acolle desde onte e ata o 15 de xullo un campus de ximnasia rítmica impartido por tres rapazas búlgaras que se proclamaron campioas olímpicas en Tokio 2020.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou: «estamos moi contentos de que se imparta este campus en Ribadeo. É algo extraordinario para o nosa vila que campioas de ximnasia rítmica e deportistas de élite se fixen en Ribadeo para ensinarlles ás nosas nenas todo o que elas saben». As atletas formaron parte do equipo búlgaro que destronara a Rusia na final por equipos de ximnasia rítmica na cita olímpica xaponesa. Supuxera o primeiro ouro para as búlgaras tras dous serios exercicios, pois mandaron coas cinco pelotas e tamén cos aros e coas mazas.
O edil ribadense sinalou, ademais, que supón unha oportunidade única pois «só pasan por Ribadeo e por Zaragoza». Silvent tivo palabras de agradecemento para os clubs organizadores deste campus: «queremos tamén dar as grazas as clubs Quicela e Porta Norte por facer realidade este campus e queremos amosarlles o apoio da Concellería de Deportes de Ribadeo».