El Burela femenino ha anunciado la renovación de Jairo Campo como coordinador de la base, cargo que compatibilizará con entrenador del filial y del equipo juvenil. «Estou contento de poder continuar co traballo feito nos dous primeiros anos, que creo que foi moi positivo. Logo dunha primeira tempada con bastante dificultades, na que apostamos só por sacar tres equipos, o pasado curso xa tivemos conxuntos en todas as categorías (benxamin, alevín, infantil, cadete e xuvenil) e puxemos en marcha o equipo filial», afirmó el preparador.
De cara a esta temporada, Campo explica que «o noso obxectivo na estrea en Preferente vai ser intentar competir e asentar o equipo nunha categoría de moito máis nivel e que xa é moi esixente. Seguiremos contado con catro séniors (Silvia Rubal, Cris Blanco, Sofía e Rissiana) e o resto van ser xuvenís. Esta categoría vainos esixir traballar conceptos diferentes e vai ser moi bo para as máis novas porque require facer un traballo continuo e vai ser un reto intentar estar a un nivel alto todas as semanas, algo que non era preciso o pasado ano».
Sobre la actualidad de la base del Burela, Jairo Campo señala que «imos contar con cerca de 60 licenzas e seguimos coa captación de nenas. O noso obxectivo é crear pertenza e que siga habendo ese vínculo entre a base e o primeiro equipo que fai que estas nenas vaian animar ás maiores e algunha destas se involucren na base como Antía, que vai seguir comigo de segunda adestradora, ou Irene Samper, que o ano pasado dirixiu aos máis pequenos e pequenas. Ademais, Silvia Rubal encargarase de guiar ao alevín feminino e Cris Blanco ao benxamín».