O programa arrinca o xoves 12 cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13 h, seguida da sesión vermú da man do Grupo Fénix, que repetirá a partir das 23 h na verbena, que terá lugar no pavillón de deportes da parroquia.
Xa o venres, 13 de outubro, terá lugar o SanroDance 2023 a partir das 23 h e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DJ Roquiño e DJ Robert Morr.
O sábado 14 volverá celebrarse a misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13 h, e a continuación o Dúo Belinda será o encargado da sesión vermú. A verbena estará protagonizada pola orquestra Galilea e pola Disco Móbil Conxuro.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a que gocen destas xornadas festivas na parroquia de San Román.