Óscar Rosende, guitarrista y vocalista de Great Straits: «Dire Straits é a miña vida enteira, a súa música inspiroume a tocar a guitarra»

Oscar Rosende
Óscar Rosende, líder de Great Straits, comparte como Dire Straits influíu decisivamente na súa vida desde a infancia, levandoo a aprender a tocar a guitarra e a formar a súa propia banda. Co seu espectáculo "The Great Songs of Dire Straits", Rosende busca homenaxear a icónica banda británica cunha experiencia musical única, mantendo a esencia dos concertos orixinais. Este martes, en San Cibrao, promete sorpresas e un repertorio inesquecible.

Por que facer unha homenaxe a Dire Straits?
É o motivo principal polo cal eu comecei a tocar a guitarra cando era un neno, Dire Straits enganchoume dende moi moi pequeno. Anos despois, cunha guitarra clásica que tiña na casa e cun pequeno folio que chegou ás miñas mans -ese folio tiña acordes de guitarras- comecei a tocar. Fixeno de xeito autodidacta, ata que un día dixen 'vou intentar ver que acordes ten esta canción de Dire Straits' e aí empezou a historia. No 2007 comecei coa anterior banda a tocar Dire Straits, e dende o 2019 coa miña banda actual ‘Great Straits’. Sempre digo que se fixéramos unha película da miña vida, os créditos de inicio e de final serían de Dire Straits.

Durante as xiras de Dire Straits, adoitan mesturar os seus éxitos con cancións máis comerciais. Vai ir o seu repertorio nesa liña?
Sí, de feito, como xa dixen, a banda é Great Straits e o show chamámoslle 'The great songs of Dire Straits', isto é, as grandes cancións de Dire Straits. O motivo? Porque para min as grandes cancións de Dire Strais son unhas e para ti son outras, pero posiblemente a metade delas sexan comúns a nos. Isto o que nos permite é variar un pouco. Como o compositor das cancións sempre foi Mark Knopfler, tamén metemos cancións deste artista en solitario. No caso do concerto que faremos este martes en San Cibrao haberá algunha sorpresa.

Mark Knopfler ten unha forma moi peculiar de tocar (cos dedos e agarra o mastro coa esquerda aínda que é zurdo), ata que punto pode emularse este estilo?
Eu non sei tocar con púa, con eso dígoche todo (rí). Esa técnica chámase 'finger picking', sen meternos na súa orixe direi que esta técnica permite usando unha man, facer ritmo e melodía coa guitarra. Ese é o principal segredo da súa forma de tocar e por conseguinte de que él sone así. Mentres que eu empecei a tocar da mesma forma porque no VHS que eu tiña miraba os vídeos dos directos de Dire Straits e fixábame nas mans... ata tal punto que agora me das unha púa para tocar e son nécora!

Cal é o seu tema favorito de Dire Straits e por que?
Teñoo moi claro, o favorito chámase 'Telegraph Road'. É unha canción do cuarto disco de estudio de Dire Straits de 1982. Este disco chámase 'Love Over Gold' e é o meu favorito a tanto a nivel de letra coma musical. É unha peza de 14 minutos que é coma se fose unha pequena película. Para min é a obra maestra de toda a súa carreira, non soamente de Dire Straits senon da que ven despois coa sua carreira en solitario.

Os concertos de Dire Straits na súa última xira adoitan durar dúas horas, coma cando tocaron en Balaídos en 1992. Canto tempo vai durar o seu?
Solemos facer hora e media, hora e tres cuartos, e dentro desa franxa lóxicamente vai sonar o que ten que sonar. Haberá máis concertos en Galicia este ano, pero as datas están sin confirmar.

Nos directos, Dire Straits facían moitas variacións nos seus temas, alargándoos moito nalgúns casos. Van ser fieis ás versións dos discos ou van emular esas versións máis longas dos directos?
Directo sempre (rí). Somos unha banda de nove músicos. Por que nove músicos? Antes falaches do concerto en Balaídos, esa foi a última xira de Dire Straits, na que eran nove músicos. E eu estou namorado daquela xira, e desa composición de músicos, que enriquece moito máis.

Os concertos de Dire Straits adoitan rematar con Going Home, instrumental do álbum Local Hero que tamén é o himno do Newcastle United. Van tocar cancións das bandas sonoras de Mark Knopfler ou da súa carreira en solitario?
Aínda non teño claro o que vamos a tocar, pero posiblemente sí que rematemos con Going Home, non creo que fagamos a excepción en San Cibrao.

Unha das cancións que a banda non volveu tocar dende que faleceu o pai de Mark Knopfler foi Tunnel of Love, que tamén aparece na BSO de “Oficial e cabaleiro”. Van interpretala en San Cibrao?
Estades ben informados, ese dato non o sabe todo o mundo. Esta canción non se volveu tocar dende o 1992 en Barcelona e polo tanto sí, hai cancións que teñen que ir sí ou sí, e 'Tunnel of Love' é unha delas. Máis ou menos pola duración que temos imos interpretar entre dez e doce cancións.

Dire Straits, na súa última xira, saltaba aos escenarios con nove músicos (dúas guitarras, baixo, dous teclados, batería, percusión, saxofón e pedal Steel guitar). Que formación van presentar en San Cibrao?
Esa mesma, non sei se tocaremos algunha canción tipo 'Lady writer' que é dos primeiros discos e foi tocada e composta no álbum por catro músicos. A riqueza escénica ao estar nove, desaparecer cinco e quedar catro tamén vai acorde co deseño de luces. Pero sí, nos presentamos unha banda de nove sempre.

Cal é a canción máis demandada polo público?
Boa pregunta, é difícil responder. Creo que 'Money for nothing' é unha das cancións que pega forte. O outro día tocando en Málaga e compartindo escenario con 'God save the Queen', ao empezar a tocar esta canción o escenario 'caeuse abaixo', xa era noite e eu tiña máis luces do público filmando en vídeo que as que tiña arriba. Tamén por suposto 'Sultans of swing'.

PIX_7621

Comentarios