Canto ao obradoiro, as crianzas gozarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con elas, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile, cine... As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura. Así mesmo, tamén está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria, que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura. O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de 10 a 11:30 h (de 1º a 3º de primaria); e de 11:30 a 13:00 h (de 4º a 6º de primaria).
No referente á exposición de pintura, na inaguración da mostra, que se poderá visitar durante todo o mes de outubro, o artista estivo acompañado pola rexedora, Dolores García Caramés; pola tenenta de alcaldesa, Mali Méndez; por unha representación do tecido asociativo e social da Mariña; e por moitos dos membros da familia da asociación Saúde Mental A Mariña; da que forma parte Xolo, encabezada pola directora técnica xeral da entidade, María José Nóvoa. O artista agarda que a veciñanza desfrute moito das súas pinceladas baixo o título "Arte con futuro".