As festividades do Nadal están a punto de comezar cunha explosión de alegría e diversión no Concello de Cervo, onde non haberá tempo para o aburrimiento. O Concello presenta unha programación repleta de experiencias máxicas para todos os veciños, dende concertos e festas ata espectáculos de teatro, a esperada visita de Papa Noel, emocionantes aventuras de realidade virtual e a popular cabalgata de Reis.
Mercado de Nadal
O Mercado de Nadal dalle a benvida á programación navideña o sábado 16 de decembro. Poderase visitar de 11.00 a 20.00 horas na Carpa da Praza do Souto e nesta iniciativa colabora a Morena.
As visitas máis especiais
O xoves, 21 de decembro pola mañá, terá lugar a visita de Papa Noel e o Elfo aos centros escolares do Concello para celebrar que os alumnos comezan as vacacións.
O venres 22 e o sábado 23 poderase disfrutar do circuíto Nerf e do Tren de Nadal de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas na Carpa da Praza dos Campos. Ademáis, o venres 22 de decembro, terá lugar un Concerto de Nadal as 20.30 horas no mesmo emprazamento.
O sábado 23 de decembro, Papa Noel visitará o Local Social de Trasbar ás 17.00 horas. Nese mesmo local tocará despedir o ano o día 31 de decembro, co ‘Fin de Ano’ ás 19.00 horas. Ambos actos están organizados pola asociación de veciños do Burgo de Trasbar.
Un Nadal cheo de actividades: maxia, música, teatro e xogos.
O sábado, 23 de decembro ás 20.30 horas terá lugar o espectáculo de maxia “Magicamente” no Auditorio da Casa da Cultura.
O día de Noiteboa, o 24, ás 16.00 horas está prevista unha ‘Noiteboa Infantil’ nas Escolas Vellas de Cervo organizada por A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
Os máis pequenos poderán desfrutar os días 26, 27 e 28 de decembro dunha Ludoteca con Inchables no horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas na carpa que estará situada na Praza dos Campos. Nesa ubicación, o 29 de decembro será o ‘Callofest’ a partir das 21.00 horas.
A Carpa na Praza do Souto acollerá este nadal varias actividades: o martes día 26, un acto con Monicreques que leva por título ‘O traxe novo do Rei’ de Tarabelos, ás 19.30 horas. O mércores día 27, Brais das Hortas presenta ‘Contos para caghar patatillas’ á mesma hora. En ambas iniciativas colabora a Asociación Cultural Airiños do Xunco. Ademáis, o sábado día 30 será o espectáculo cómico musical ‘Desconcerto’ ás 20.30 horas e o xoves 4 de Xaneiro o Lasertag ás 18.00.
A Gala de Nadal realizarase o xoves 28 de decembro, no Auditorio da Casa da Cultura ás 20.00 horas e estará amenizada por Grupos Musicais e de baile do Concello.
Feliz 2024!
Para darlle a benvida ao aninovo, o día 1 de xaneiro dende ben cedo, á 1.30 da madrugada celebrarase a Festa de Fin de ano coa Orquestra Alma Latina e Dj Medusa na Carpa na Praza dos Campos. Despois de deixar descansar ó corpo unhas horas, nesa mesma praza terá lugar unha actividade de ‘Realidade Virtual’ o martes día 2 de xaneiro ás 18.00 horas.
A Piscina Municipal de Leiro tamén será escenario dun acto este nadal, xa que o mércores día 3 poderase desfrutar dunha festa acuática ás 17.00 horas.
Cabalgata de Reis
O día máis esperado polos máis pequenos da casa, o venres 5 de xaneiro, está prevista a cabalgata dos Reis Magos en San Ciprián ás 18.00 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as rúas e recibirán aos nenos no Auditorio da Casa da Cultura. Nesta iniciativa colaboran a Asociación de Mulleres de San Ciprián e Anpa Península de la Paz. A Comisión de Festas de Lieiro convida a todos os veciños a merendar un rico chocolate con churros na Carpa da Praza dos Campos.
Ás 19.30 horas será a hora de chegada dos Reis Magos a Cervo, onde terá lugar a cabalgata cun paseo polas rúas e a posterior recepción na Praza do Souto, onde ademáis haberá un Belén Vivente. Este evento está organizado pola A.C. Airiños do Xunco.
Para despedir o Nadal...
O Coro Vox Stellae co concerto ‘Celebrando o Nadal’ pechará a programación navideña do Concello de Cervo o domingo día 7 de xaneiro ás 19.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
Cunha gama tan diversa de eventos e actividades, o Concello de Cervo convida a todos a unirse á celebración e compartir a maxia do Nadal.