O integrante do club Iadovi foi convocado pola selección española para este torneo que se disputará do 24 de setembro ao 1 de outubro na localidade italiana de Cesana San Sicario.
O Concello de Cervo apoia ao arqueiro Santi González Villares que logrou ser seleccionado para representar a España no Campionato de Europa na modalidade 3D que se celebrará do 24 de setembro ao 1 de outubro na localidade italiana de Cesana San Sicario.
O arqueiro, integrante do club Iadovi, competirá, xunto con outros dous compañeiros na modalidade Arco Desnudo, formando parte da delegación española que estará conformada por unha trintena de deportistas, entre as modalidades de Campo e 3D.
A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenenta de alcaldesa, Mali Méndez, recibiron ao arqueiro para desexarlle sorte nesta fazaña «nunha competición de alcance internacional que sitúa a Cervo como epicentro desta disciplina a nivel estatal».
Aproveitaron para darlle os parabéns pola incrible tempada que está realizando un ano máis, «todo un orgullo para Cervo», e animárono a gozar dunha experiencia única «que moi poucos deportistas conseguen facer realidade».