Son datos que deron a coñecer a rexedora, Dolores GarcÃa Caramés, e o edil de Deportes, David RodrÃguez, durante a visita que fixeron á instalación na que compartiron un anaco coas crianzas que asisten ao curso para nenos e nenas de 3 anos, que comezou este pasado venres. Foi a novidade dentro da programación da instalación xa que «a filosofÃa do Concello de Cervo é promover a práctica deportiva no seu conxunto desde as idades máis temperás», sinalaron.
Ademais, impártense clases de aquagym e cursos para adultos e crianzas, nos diferentes niveis, desde iniciación a perfeccionamento. Caramés afondou asà mesmo no incremento do número de socios da piscina que se sitúa nos 870: «incrementamos en 60 o número de afiliados este ano o que é un bo sÃntoma da calidade da instalación que temos o privilexio de ter en Cervo e que é a única na provincia destas caracterÃsticas».
A rexedora tamén quixo poñer en valor o traballo dos profesionais municipais que se encargan de velar pola seguridade dos bañistas e de impartir os diferentes cursos «cuxo traballo é fundamental para garantir o bo funcionamento da nosa instalación que ano tras ano suma novas persoas usuarias que elixen a nosa piscina para practicar deporte».
Pola súa banda, o edil de Deportes recordou o importante investimento que se fixo este ano na instalación «coa renovación integral do ximnasio, que supuxo un investimento de máis de 30.000 euros, todos eles procedentes das arcas municipais». En concreto, renovouse a maquinaria de cardio e reforzouse e mellorouse o material e equipamento de musculación.