O Concello de Burela homenaxea ás xogadoras do Pescados Rubén FS no 8M

Para a alcaldesa de Burela, Carmela López, «ter un club en Burela cun convenio que é modelo non só no fútbol sala, senón tamén no deporte feminino, o que serve é como unha oportunidade para a Administración pública. Fai que o noso a Plan de Igualdade sexa transversal en todas as áreas, pero cun exemplo a seguir moi potente e moi forte e ademais coa sorte de que está a acadar moitas vitorias, o que lle dá máis visibilidade». 

«O impacto do fútbol sala feminino en Burela é importantísimo porque estas xogadoras serven de referente para nenas e adolescentes que ven nelas ás xogadoras profesionais que algún día elas poden ser. Por outra banda, serve para normalizar a participación da muller en ámbitos habitualmente masculinizados e, así, poder rachar cos estereotipos», explicou Sandra Fernández, concelleira de Igualdade. 

Neste vídeo conmmorativo polo 8M, Día Internacional da Muller, aparecen algunhas das xogadoras que forman parte do cadro laranxa. Antía Pérez, Irene Samper, Cristina Blanco e Daniela Domingos "Dany" falan de «seguir loitando polos seus dereitos, sempre xuntas e unidas», dos resultados do equipo, dalgunhas inciativas do club e dos retos de futuro. 

Comentarios