«Estes cursos son unha oportunidade para mellorar a inserción laboral da cidadanía de Burela. Os participantes non só acreditarán novas competencias, senón que tamén poderán realizar un período de prácticas en empresas», sinala a alcaldesa de Burela, Carmela López.
Deste modo, o Concello de Burela acollerá as seguintes formacións:
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións socias. Cunha carga lectiva de 468 horas, a formación iniciarase en novembro de 2023 e será necesario contar co título de E.S.O. ou un equivalente.
- Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. Cunha carga lectiva de 448 horas, a formación iniciarase en novembro de 2023 e non conta con requisitos académicos de acceso.
- Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil. Cunha carga lectiva de 328 horas, a formación iniciarase en 2024 e será necesario contar co título de E.S.O. ou equivalente.
Os cursos, que se impartirán no Centro de Formación Ocupacional do Concello, enmárcanse no plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia. Estas formacións permitirán ao alumnado obter o certificado de profesionalidade co que acreditar as súas competencias no ámbito laboral. As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela, situado no número 137 da avenida Arcadio Pardiñas, no teléfono 982580624 ou no e-mail [email protected].