Os bombeiros, baixo mínimos, sufocan un incendio en San Pedro de Benquerencia

Conato de incendio en San Pedro de Benquerencia, Barreiros

 

 

Os bombeiros do parque de Barreiros, que continúan en folga, sufocaron na tarde de hoxe un conato de incendio nunha finca situada entre varias vivendas na parroquia de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros. A causa do lume foron unhas chispas que saltaron mentres o dono da finca estaba a realizar labores agrícolas.