01/ago./23 - 14:10
Actualizado: 26/sept./23 - 16:23
Na mañá de hoxe foi declarado un incendio na estrada que une o concello de Barreiros coa localidade de Trabada, á altura de Santo Estevo.
As altas temperaturas e o vento que hoxe sopraba puideron ser as causas dun incendio que está a ser sufocado polos servizos de extinción de incendios desprazados ao lugar.