Comezan en Xove os obradoiros de longa duración
No obradoiro “Xove Ponte en Forma”, que se vai desenvolver na aula multideportiva do Concello, desenvolveranse as seguintes actividades:
-
XIMNASIA DE MANTEMENTO
Luns de 11:30 a 12:15 h
Venres de 10:30 a 11:15 h
- AEROBIC & FULL BODY
Luns e mércores de 10:30 a 11:15 h
- PILATES I
Martes e xoves de 10:30 a 11:15 h.
- PILATES II
Martes e xoves de 11:30 a 12:15 h
- XIMNASIA NA AUGA PARA MAIORES (na Piscina Municipal)
Mércores e venres de 11:30 a 12:15 h
O luns 2 de outubro da comezo o obradoiro de ioga con cinco grupos. Será impartido na antiga casa do director do colexio, cun grupo os luns e os mércores de 17:30 a 19:00 h, e o resto dos grupos os martes e os xoves en horarios de 10:30 a 12 h, de 17:30 a 19 h, de 19 a 20:30 h e de 20:30 a 22 h.
O martes día 3 dará comezo o obradoiro de bordado con dous grupos: os martes e xoves de 16:30 a 18:30 h. O mércores día 4 dará comezo o obradoiro de bolillos con dous grupos: un as 15 h e outro as 17 h.
Ambos obradoiros (bordados e bolillos) vanse desenvolver nas instalacións municipais da avenida Deputación.