Comezan en Xove os obradoiros de longa duración

Comezan en Xove os obradoiros de longa duración
photo_camera Fotografía: Concello de Xove
Co mes de outubro comezan os obradoiros de longa duración no concello de Xove, que estarán activos ata finais de maio.
 

No obradoiro “Xove Ponte en Forma”, que se vai desenvolver na aula multideportiva do Concello, desenvolveranse as seguintes actividades

  • XIMNASIA DE MANTEMENTO

           Luns de 11:30 a 12:15 h

           Venres de 10:30 a 11:15 h

  • AEROBIC & FULL BODY

           Luns e mércores de 10:30 a 11:15 h

  • PILATES I

           Martes e xoves de 10:30 a 11:15 h.

  • PILATES II

           Martes e xoves de 11:30 a 12:15 h

  • XIMNASIA NA AUGA PARA MAIORES (na Piscina Municipal)

           Mércores e venres de 11:30 a 12:15 h

O luns 2 de outubro da comezo o obradoiro de ioga con cinco grupos. Será impartido na antiga casa do director do colexio, cun grupo os luns e os mércores de 17:30 a 19:00 h, e o resto dos grupos os martes e os xoves en horarios de 10:30 a 12 h, de 17:30 a 19 h, de 19 a 20:30 h e de 20:30 a 22 h.


O martes día 3 dará comezo o obradoiro de bordado con dous grupos: os martes e xoves de 16:30 a 18:30 h. O mércores día 4 dará comezo o obradoiro de bolillos con dous grupos: un as 15 h e outro as 17 h.


Ambos obradoiros (bordados e bolillos) vanse desenvolver nas instalacións municipais da avenida Deputación.

Comentarios