Yolanda Castaño e Magín Blanco visitarán a Biblioteca Municipal de Viveiro
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que, cos eventos previstos, o Concello de Viveiro «continúa coa súa aposta por promover a lectura desde a infancia dun xeito lúdico á vez que educativo». A entrada aos mesmos será, en todos os casos, de balde ata completar aforo, podéndose reservar prazas acudindo previamente á biblioteca para coller entradas.
A primeira cita deste ciclo de actividades terá lugar este venres 15 de setembro ás 20 h na sala multiusos do Concello de Viveiro, e está dirixida a un público xuvenil e adulto. Contará como relatora coa escritora compostelá Yolanda Castaño.
O sábado 7 de outubro a propia sala multiusos acollerá ás 12 h ‘O que levamos nas maletas’, do músico e cantante Magín Blanco, para público a partir de 3 anos.
E ás 12 h do sábado 14 de outubro na mesma ubicación será a quenda de ‘Contos do mundo: as viaxes de Irene‘, a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia.