O PP de Viveiro subliña que «a Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Viveiro unha axuda de 50.000 euros para a reforma da instalacións eléctrica e novas dotacións no campo municipal de deportes de Celeiro». Esta axuda, que está dividida en dúas anualidades, trátase, din os populares «dun claro exemplo da vontade colaboradora da Xunta con Viveiro».
Desde o Partido Popular viveirense inciden en que «a Xunta cumpre coa súa parte para facer realidade a mellora do campo de Celeiro que inclúe a construción de aseos e vestiarios, unhas dotacións que atenden ás normas sobre instalacións deportivas e esparexemento (NIDE) moi necesarias para estas instalacións deportivas que redundarán na mellora das condicións para a práctica deportiva por parte dos seus usuarios».