Viveiro presenta a súa Feira de Artesanía, que se celebrará do 11 ao 20 de agosto
A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, terá este ano máis de 35 stands e a presenza de numerosos profesionais da artesanía. O deseño do cartel é de Ruth Adrio.
Ao igual que o pasado ano, nesta edición haberá stands efémeros, no que algúns días haberá artesáns e outros obradoiros ou demostracións do oficio.
Dentro dos efémeros, Lía B estará os días 11 e 12 de agosto; Bilbiricoca, o día 13; Como pez en el agua, os días 14 e 15; Qué barbaridad!, os días 16 e 17; Soledad Mato, o venres 18, e Mado Artesanía Textil, os días 19 e 20.
“Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a variedade da artesanía, polo que estou convencida de que será de novo un éxito”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.