El Grupo Popular de Viveiro ha propuesto que el gobierno local gestione con la Diputación un convenio de colaboración para mejorar la seguridad en los accesos y carretera del cementerio municipal. Sería mediante la reserva de una partida en los Presupuestos de 2025. Además, los populares recordaron que «no pleno do 8 de novembro, defendimos a necesidade de investir no cemiterio municipal de Altamira, recordando as suxestións dos diferentes grupos sobre as melloras en infraestruturas e servizos, incluíndo o deseño de mellores accesos, a creación de beirarrúas e a ampliación das zonas de aparcamento. E á vista de que, un ano despois, a situación seguía sen resolverse, rexistramos a última hora do domingo 27 de outubro unha nova iniciativa para impulsar a rehabilitación, conservación, acceso e servizos do cemiterio municipal».
Mariña Gueimunde afirma que «non se cumpriron os acordos adoptados no pleno do 11 de decembro de 2019 por unanimidade para habilitar ou, de ser necesario, adquirir espazos públicos para o aparcadoiro de vehículos nas inmediacións do camposanto municipal e mellorar os accesos para persoas con mobilidade reducida. Tampouco se selou o peche perimetral; xa que o muro lateral de cara ao monte San Roque leva 20 anos esperando unha solución. E entendemos que tampouco se deseñou un plan de mellora nas instalacións interiores e nas inmediacións».
La portavoz del PP manifiesta que «a sabendas de que a estrada que percorre Antonio Bas e ascende cara a San Roque pasando polo cemiterio é competencia da Deputación de Lugo, cremos conveniente requirir á institución provincial que participe nun posible proxecto de mellora no entorno do cemiterio liderado polos técnicos municipais». «O recinto interior do camposanto e o muro que o circunda é competencia única e exclusivamente do Concello, polo que o mantemento e mellora do pavimento nas súas rúas, a aposta pola accesibilidade e a reconstrución do muro lateral debe ser xestionado polo goberno municipal», añade.