El grupo popular sacó adelante en el pleno municipal de Viveiro una iniciativa para instar al gobierno local «a cumprir escrupulosamente os procedementos e a normativa orzamentaria».
Los populares presentaron esta moción tras «ter detectado nas actas públicas das xuntas de goberno do primeiro ano de Goberno bipartito os gastos que propoñen cada semana PSOE e BNG, a pesar de non dispoñer de partida orzamentaria para facerlles fronte». «Isto lévanos á realidade actual: deber a metade dos 835.000 euros de facturas pendentes de pago do ano 2023 e ter condicionada a estabilidade económica e orzamentaria do Concello», según advierte la portavoz popular, Mariña Gueimunde.
Los populares condenan la «falta de organización e planificación que leva á improvisación e deriva nunha mala xestión que se repite ano tras ano» por parte del gobierno en materia de contratación, «igual que noutros moitos aspectos», añaden.
Gueimunde explica que «moitos dos expedientes tramitados nos últimos anos, especialmente no 2023, son recoñecementos de obrigas contraídas sen seguir os trámites que marca a normativa: sen licitación ou sen procedemento de contratación como require a lei para os contratos menores». «É dicir, sáltanse as normas e as súas actuacións poderían ter carácter ilícito como xa advertiron en varias ocasións dende o 2019, o 2022 e agora en febreiro de 2024 Secretaría e Intervención a través de circulares ao equipo de goberno para reconducir estas prácticas. Expóñennos a todos a incorrer na nulidade dos actos e a eles mesmos en responsabilizarse patrimonial e, incluso, penalmente», apunta la popular.
Los concejales del PP también ponen como ejemplo que en este primer año de mandato «aparecen múltiples contratos menores cando para os servizos recorrentes que responden a unha mesma necesidade e se realizan ano tras ano, se deben licitar porque, do contrario, recórrese nun fraccionamento ilícito do contrato». Y, además, advierten que «algúns destes contratos menores implican unha subvención en especie —pagos de transportes ou compra de materiais— a favor dalgunhas asociacións en detrimento doutras que seguen esperando sen recibir un só céntimo. E todo, a pesar de que existe, incluso, unha ordenanza municipal que regula estas situacións, pero que non aplican».
«Eses contratos-ponte que fai o goberno municipal mentres non se procede a sacar as licitacións deixan de ser excepcionais cando se converten en habitual. Pero estes incumprimentos non se poden xustificar como pretende facer o goberno viveirense polo volume de traballo porque, se falta de persoal, tiveron a oportunidade de sacar na RPT (Relación de Postos de Traballo) aprobada
recentemente unha praza de técnico de contratación para realizar os pregos e licitar os contratos», añade Gueimunde, que explica que «en lugar diso, empregan o contrato verbal como fórmula substitutiva do procedemento sen saber se existen fondos para afrontar os gastos».
"Chiringuitos"
«Continúan con gastos superfluos como as ceas secretas, caramelos, comidas e pinchos, camisetas, bolsas publicitarias ou espectáculos de magos por 5.200 euros a finais de ano. E, ademais, favorecen os chiringuitos». La popular explica que «varias empresas e persoas físicas facturan durante un só ano máis de 41.000 euros ao Concello sin mediar procedemento algún de por medio e restando a posibilidade a outras empresas de participar ou concorrer a prestar ese servizo. E tampouco é admisible que varias empresas dun mesmo titular ou titulares para un mesmo fin facturen directamente ao Concello nun só ano máis de 100.000 euros cando o límite máximo para contratos menores serían 15.000 euros e para obras, 50.000 euros».
«Non é posible que gastos fixos como o pago do alugueiro dunha nave en Celeiro ou os dun gabinete de comunicación para o Concello que nos costa 1.210 euros mensuais, se sigan facendo pagando mes a mes como obriga sen proposta», añadió.
Responsabilidades
La portavoz popular censura que «lonxe de asumir responsabilidades e entoar o “mea culpa” o bipartito PSOE-BNG se defenda cada un á súa maneira».
«O PSOE minimiza a situación e di que 200 facturas nun ano sin consignación presupostaria non son tantas —segundo o concelleiro de Economía e Facenda— aínda que 73 delas figuren nas xuntas de goberno local despois da circular emitida pola interventora e a secretaria advertíndolles dos incumprimentos. E culpabiliza aos funcionarios pois, segundo el, non é o goberno local o que fai os pregos e as licitacións e tacha ao PP de argumentario incoherente cando reproduce textualmente os parágrafos do informe firmado pola interventora e secretaria analizando a situación. A alcaldesa, pola súa banda, cansou de repetir que estas actuacións son legais o que demostra un claro descoñecemento da lei e unha irresponsabilidade como mandataria».
«O BNG, no seu caso, desmárcase novamente da xestión da súa socia de goberno e argumenta que son facturas anteriores á entrada do BNG no goberno. Pero, non é certo o que di a tenente de alcaldesa cando parte deses gastos e desas facturas foron xerados por ela e as súas concellerías», tal y como le dijo Gueimunde haciendo referencia a uno de los muchos documentos de obligaciones sin propuesta firmados por Bermúdez en marzo de este mismo año.