A porta de Carlos V iluminarase con motivo do Día Internacional da Dislexia

Viveiro, porta de Carlos V, iluminación, dislexia
photo_camera Fotografía: Alma, baixo licenza CC BY-SA 3.0 DEED
O Concello de Viveiro súmase á campaña internacional “Unidos por la Dislexia”, que se celebra con motivo do Día Internacional para visibilizar este trastorno da aprendizaxe.

Viveiro amosará o seu apoio a esta data iluminando de cor turquesa a porta de Carlos V durante a noite do sábado 8 de outubro, Día Internacional da Dislexia.


O Concello apoia así un ano máis esta reivindicación da Federación Española de Dislexia, coordinada polo Observatorio Internacional de Dislexia e outras Dificultades Específicas da Aprendizaxe (OIDEA).


Cada ano, máis institucións de todo o mundo se suman a esta iniciativa. Desde a OIDEA están a reclamar o seu recoñecemento oficial por parte das Nacións Unidas, razón pola cal realizaron un evento na súa sede de Nova York o pasado ano 2022.


O obxectivo desta iniciativa é dar visibilidade este trastorno da aprendizaxe, que afecta a un 10% da poboación e que carece da notoriedade necesaria. Dende a organización animan a compartir fotografías do acto de iluminación e outras publicacións de apoio en redes sociais coa etiqueta #Unidosporladislexia.

Comentarios