A Xunta achega 50.000 euros para a mellora da piscina de Trabada
20 de julio de 2023 (19:32 h.)
O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, destacou a achega de 50.000 euros da Xunta de Galicia para mellorar as instalacións da piscina municipal do Concello.
José María Fernández destaca a importancia deste investimento do goberno galego despois de ver como en días pasados a alcaldesa de Trabada, Mayra García, denunciaba que esta instalación precisaba dunha intervención para renovar servizos. «Vemos como despois de 8 anos de goberno socialista en Trabada o único que fixo a alcaldesa foi queixarse, en lugar de buscar o financiamento necesario. Coma sempre, ten que ser a Xunta a que veña a solucionar un problema creado pola falta de traballo do goberno socialista», denunciou.