A Xunta presenta en Ribadeo as axudas INNOVAPEME-DESEÑAPEME
O 13 de xullo terá lugar en Ribadeo a presentación do programa de axudas da Axencia Galega de Innovación (GAIN) INNOVAPEME-DESEÑAPEME 2023 en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) dentro do marco do programa Conecta Lugo, que a Xunta de Galicia desenvolve coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
As xornadas, similares ás organizadas o ano pasado, celebraranse de novo no Hotel Gastronómico Araucaria de 11 a 13:30 h. Teñen como obxectivo achegar ás empresas luguesas información e asesoramento sobre o mapa de axudas da Xunta. O próximo xoves intervirán Jaime López, Secretario Xeral CEL; Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación; Patricia Fernández, Directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación; Mª Jose Mariño, Directora da Área de Centros de GAIN; e un representante do IGAPE.
Ademais, presentaranse tamén os casos de éxito Innovapeme e Deseñapeme de tres empresas luguesas: Pescados Rubén, Campomayor e NIGAL. Os interesados en asistir a este evento deben inscribirse neste formulario.