Ribadeo modificará el reglamento de los cementerios y abordará la creación de una bandera oficial
El alcalde, Dani Vega, contó que «na pasada noite celebramos dúas comisións. A primeira delas foi a de medio ambiente, medio rural e infraestruturas. Falamos dos cemiterios municipais. O que levamos a debate e o que propuxemos á Corporación é modificar o regulamento dos cemiterios municipais co obxectivo de axilizar e darlle solución a un problema que tiña Ribadeo, a un problema importante para moitas familias e moitas persoas que carecen dunha sepultura, dun nicho».
El regidor municipal dijo que «hai unha demanda real, é un vello problema ao que hai que darlle unha solución e este Concello o que quere é solucionar os problemas. Neste momento unha persoa que ten un nicho non pode, senón quere seguir con ese nicho, entregarllo a outra persoa, soamente pode entregarllo a un familiar. Cando moitas persoas veñen a este Concello demandar un nicho non lles podemos dar unha solución porque non temos neste momento mais capacidade».
Vega anunció que «o que imos facer é que esa persoa que non quere seguir con esa sepultura poida entregarlla á propiedade, que é Concello. E o Concello fará un sorteo público entre os demandantes dun nicho. Creo que é o máis transparente e correcto que hai que facer. Consultados os técnicos municipais foi a solución que lle vimos todos e tamén a Corporación Municipal por unanimidade na comisión aprobou esta proposta. O seguinte paso será construír máis sepulturas, máis nichos, porque se precisan, dado que hai moitas familias que non teñen en posesión un nicho e queren telo para o día de mañá».
Vega relató también que «na comisión de facenda e asuntos xerais abordamos temas como o inicio do expediente para a aprobación da bandeira deste municipio. Ribadeo carece dunha bandeira. En redes sociais cando se busca o nome deste concello aparece unha imaxe dunha bandeira, que nin está aprobada e non ten ningunha lexitimidade nin rigor histórico e non podiamos seguir así. Temos escudo, pero non temos bandeira de Ribadeo. Todos os partidos con representación na Corporación Municipal aprobamos iniciar ese expediente e tamén aprobamos por unanimidade que sexa unha comisión municipal a que se encargue deste asunto. Estará formada pola comisión de asuntos xerais, representando a todos os partidos políticos, o cronista oficial de Ribadeo e tamén convidaremos ao Instituto Padre Sarmiento, á dirección xeral de Administración Local e abrimos a posibilidade de incluír a outros organismos e institucións. De momento quedamos así e no vindeiro pleno aprobaremos quen terá presenza nesa comisión municipal para iniciar o expediente de aprobación da bandeira de Ribadeo».
Obradoiros de emprego
Dani Vega indicó que «tamén aprobamos dous temas moi importantes, os obradoiros de emprego. Un deles dual, con parte teórica e prácticas nas empresas. Denomínase 'Constrúe en Verde' e imos facer un obradoiro de albanelería e de almacén. Era unha demanda que había desde as empresas: a falla de man de obra neste sector e pensamos que hai que darlle unha solución. E o seguinte obradoiro é de garantía xuvenil. Denomínase 'Máis emprego' e versará sobre medio ambiente e animador socio cultural».
El alcalde subrayó que «é un traballo conxunto entre os Concellos de Barreiros e de Ribadeo e quérolle agradecer ao Concello de Barreiros todo o seu traballo e a súa dedicación. É importante que dous Concellos traballen conxuntamente, aínda que teñamos diferentes cores políticas. Iso non nos debe confundir, todo o contrario, creo que hai que sumar a opinión de todos, que é o realmente importante. Imos liderar conxuntamente estes dous obradoiros de formación e de emprego, que eu creo que é moi importante incidir nestes temas».
Y añadió: «foron comisións importantes as que celebramos onte. Creo que así seguiremos traballando nesta unión conxunta como Corporación Municipal para traballar polo ben de Ribadeo».