Máis de 2.000 persoas usaron o Percebús e o Xirabús na pasada fin de semana
O rexedor municipal manifestou que «desde o Concello de Ribadeo cremos que foron un acerto absoluto o Percebús e o Xirabús. Foi unha iniciativa que tivo éxito e que foi razoada e estudada, porque o que queriamos era dotar de seguridade e sostibilidade estas festas tan importantes para o noso concello».
Para Dani Vega «os datos confirman o que estou a dicir, porque máis de 2.000 persoas acudiron no Percebus e no Xirabus a Rinlo e a Santa Cruz». O alcalde anunciou que «para os anos seguintes vai seguir existindo este transporte, que foi gratuíto e público».
Vega subliñou: «nosoutros estamos moi contentos. A mocidade e todas as persoas que empregaron este servizo de transporte así o dixeron. Pensamos que foi unha moi boa iniciativa e desde o Concello de Ribadeo estamos satisfeitos e seguiremos a prestar este servizo nos eventos que nos consideramos, despois dun estudo rigoroso, que debemos dotar de seguridade. Son festas que nos importan e nos interesan e debemos seguir conservando desde o punto de vista tamén da seguridade».