Dani Vega anuncia investimentos para a mellora do centro de día
O rexedor ribadense anunciou na súa visita novos investimentos para a conservación e a mellora deste inmoble: «nestes anos non se fixo nada e o que queremos é reverter esa situación e empezar a investir para conservar e mellorar as instalacións do centro de día, ao que acoden diariamente moitas persoas”. Alcalde e concelleiros quixeron comprobar de primeira man o estado do edificio para dar resposta «a esta vella demanda».
Vega tamén aproveitou a ocasión para parabenizar o labor realizado no centro: «estase a facer un traballo perfecto por parte das coidadoras e da dirección do centro de día e imos seguir trasladando propostas e impulsando moita actividade”.
O alcalde sinalou que traballarán para que Ribadeo teña uns espazos en perfectas condicións para o coidado das persoas e concluíu: «Falamos da residencias, pero tamén do noso centro de día, que precisa dun investimento para coidar ás persoas que alí acoden e para propoñer moita actividade que se fai nesta instalación e que nos como Concello debemos impulsar. Esa é a obriga do Concello ou de calquera administración».