La edil ribadense contó que «Ribadeo segue a consolidarse como destino de referencia na España verde cun aumento do turismo internacional e as pernoctas. En total preto de 46.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo de Ribadeo durante os meses de xuño, xullo e agosto».
Saiz relató que «en agosto as oficinas acadaron cifras récord: 25.750 consultas realizadas. A do centro da vila prestou información a 9.750 persoas e o punto de información da praia das Catedrais a 16.000 visitantes» y subrayó que «un dos datos máis salientables deste verán é o aumento das pernoctas no concello de Ribadeo, posto que un 37 % do total de visitantes durmiron aquí, son 7 puntos máis que o ano pasado. Boa proba disto é que os nosos aloxamentos acadaron un 95% de ocupación en agosto».
Sobre la procedencia de los visitantes llegados a Ribadeo, Marta Saiz explicó que «no tocante ao turismo de procedencia estatal, Madrid, Cataluña, Andalucía, Comunidade Valenciana e Euskadi seguen a ser os principais emisores. Con respecto ao turismo internacional, os datos da oficina do centro fálannos dun 10.9% do total das visitas, case 4 puntos por riba do ano pasado, en comparación cun 21,8% no punto de información da praia das Catedrais, o que supón un aumento de 5 puntos con respecto ao ano pasado nesta oficina. Francia, Italia, Alemaña, Portugal, Estados Unidos e Reino Unido son as principais procedencias».
La edil dijo que «moi relevante é o número de viaxeiros que nos chegan por mar e empregan os 21 amarres de tránsito dos que dispón o Real Club Naútico de Ribadeo. En agosto utilizaron estas prazas un total de 183 embarcacións, destes un 80% son
estranxeiros procedentes de Francia, Inglaterra e Holanda, mostrando o atractivo e a calidade deste porto ribadense. Con respecto aos peregrinos, o Camiño Norte segue a ter tirón, notando por outra banda un grande interese pola variante do Camiño do Mar, pasando pola oficina do centro uns 300 camiñantes».
Saiz añadió: «por último, agradecer infinitamente o traballo do persoal das oficinas de turismo, así como ao sector privado polo esforzo que leva realizando todos estes meses, que non foi pouco. Entre todos e todas contribuímos a acadar un destino turístico de vangarda».