A Xunta achega 763.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética dos colexios Fondo Nois de Foz e Santa María do Valadouro
eficiencia enerxética nos CEIP Fondo Nois de Foz —por importe de 424.118 euros— e Santa María do Valadouro —cun orzamento de 338.840 euros—.
O anuncio fíxoo o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, que explicou que «as empresas interesadas teñen de prazo ata o día 17 de agosto para presentar as súas ofertas. Unha vez que se formalicen os contratos, o prazo de execución será de catro meses».
Canto ás obras previstas, no CEIP Fondo Nois de Foz destaca a substitución de carpinterías exteriores nos dous bloques do centro, incluídas as persianas; o cambio de luminarias por outras de tecnoloxía LED; a instalación de falso teito e as actuacións de mellora do illamento térmico. Así mesmo, no edificio principal reformaranse os aseos do alumnado e cambiaranse as portas das aulas, sala de profesores e baños. Tamén se renovará a cuberta do primeiro bloque e a do soportal do segundo. Igualmente, instalaranse novos canlóns e baixantes. No tocante ao CEIP Santa María do Valadouro, mudaranse as cubertas dos soportais situados no acceso ao colexio e no patio; así como a da zona de despachos. Ademais, cambiaranse as carpinterías exteriores e as luminarias por equipos LED de menor consumo; e instalaranse tamén falsos teitos.