Los concelleiros del PP de Monforte defenderán en pleno que «o goberno local cumpra os compromisos adquiridos e, dunha vez por todas, se executen os traballos necesarios para solucionar os problemas de saneamento do vertido na Compañía». La portavoz Katy Varela señaló que «os monfortinos xa estamos fartos de promesas que leva o vento; este problema de saúde pública precisa dunha urxente solución por parte do Concello de Monforte», añadió.
Varela expuso que «o 11 de setembro de 2023, o goberno de José Tomé anunciaba o comezo da da segunda fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte, correspondentes ao proxecto de actuacións que o organismo de conca executará en varios colectores da cidade, concretamente, na galería baixo a Praza da Compañía e na rúa Carude, no colector das Malloadas e rúa Concepción Arenal, na rúa Rosalía de Castro e no Morín, na rúa Doutor Casares e na prolongación de Xoan Montes. O propio alcalde anunciara que con eses traballos íanse subsanar as infiltracións que sobrecargan a rede e os alivios de augas residuais e abórdase tamén nesta mesma actuación, a mellora da rede de saneamento de varias rúas, por estar en mal estado na maioría dos tramos, causando un funcionamento deficiente».
«O que máis lle gusta a José Tomé é facer anuncios nos medios de comunicacións e sacar unha foto. Pensa que con iso xa o ten todo feito, pero os monfortinos queremos e precisamos feitos, como a urxente subsanación do problema de saneamento na Compañía da que hai ningún indicio de que se teña pensado realizar a corto prazo», apuntó la portavoz del PP.