El PP de Lugo reclama «maior transparencia e lealdade institucional dun bipartito ancorado no escurantismo e na propaganda. Mentres outras administracións (tamén con gobernos bipartitos, coma a Deputación) presentan e aproban en tempo e forma os seus orzamentos, o Concello de Lugo comeza o ano 2025 prorrogando os de 2024, un claro síntoma de esgotamento político e carencia de proxecto». «Botamos en falla unha explicación da situación e lembramos as palabras do presidente da Deputación, José Tomé, cando afirmaba que aprobar os orzamentos de 2025 a finais de 2024 para que poidan entrar en vigor en xaneiro "es la forma de que sean verdaderamente útiles"», agregan.
Los populares califican de «escusas de mal pagador de Lara Méndez, denantes da súa fuga, cando afirmaba que o seu primeiro mandato non tivera paralizada a cidade, senón que era a consecuencia de non poder aprobar os orzamentos por falta de maioría suficiente no pleno». «Agora, preguntámonos cal é o problema da súa suplente: teñen problemas no bipartito para acadar un consenso no reparto das partidas que lle tocan a cada un? O endebedamento do concello ten algunha relación coa situación actual de prórroga dos orzamentos? As sorprendentes operacións para aprobar o pago de facturas nos derradeiros días do 2024 a pesares dos reparos do interventor están a pasar factura?», reflexionan.
El Grupo Popular estima que «en decembro, o bipartito foi moi rápido aprobando unha suba de impostos que non se corresponde cos deteriorados servizos públicos que se están a prestar aos lucenses. Pero non semellan ter as mesmas presas para presentar os orzamentos para o presente ano. Dito doutro xeito: saben que queren cobrar máis, pero non dan contado para que precisan eses cartos extras (case cinco millóns de euros máis que han quitar dos petos dos lucenses)».
Además, señalan que «en 2024, o Concello solicitou un crédito de 13,5 millóns de euros para inversións e teñen comprometidos pouco máis de dous millóns de euros. Este nivel de execución, cando tiveron os orzamentos ao principio de ano, non pode mellorar se, no 2025, non son quén nin de presentar as contas para o presente exercicio».