El PP de Lugo reclama que se avance en la licitación de los comedores escolares
El PP de Lugo cree «necesario» avanzar «con axilidade na nova licitación do servizo de comedor e almorzo escolar dos CEIPs municipais, de cara a garantir un servizo estable e de calidade para o curso 2025-2026». Según explicó Mar Carballas, «o 1 de agosto de 2024, o Concello anunciou que desistía do proceso de licitación por un erro no estudo de custos, o que freou a contratación prevista. Desde aquela data non se déron novos pasos para retomar o procedemento, polo que consideramos prioritario poñelo en marcha canto antes. Durante este tempo prorrogouse o contrato coa empresa que xa prestaba o servizo, malia que varias ANPAs trasladaron queixas relativas á variedade dos menús, á calidade dalgúns alimentos e á atención ás alerxias ou necesidades especiais dos nenos e nenas».
Carballas señaló que «o PP presentou un rogo ao Pleno municipal solicitando ao goberno local que reactive canto antes a licitación e que revise o funcionamento actual do servizo para identificar posibles melloras. A nosa intención non é criticar por criticar, senón contribuír a buscar solucións. A alimentación escolar é un servizo esencial para moitas familias e, por iso, debe estar ben organizado e adaptado ás necesidades reais dos centros e do alumnado».