Daniel Castro, número 1 do BNG ao Congreso por Lugo, mantivo este luns unha xuntanza con pensionistas en Lourenzá onde apostou «unha banca pública galega para poñer no centro a veciñanza, evitando que unha parte do aforro galego marche para fóra do noso país».
Na xuntanza cos pensionistas achegoulles o posicionamento do BNG acerca do acceso aos servizos bancarios. Castro afirmou que «a exclusión financeira de miles de cidadáns en Galiza ten dúas caras: por unha banda, no medio rural onde xa non poden acudir a ningunha oficina bancaria, e tamén para todas esas persoas ás que as novas tecnoloxíasse lles converten nunha carreira de obstáculos». O candidato nacionalista destacou que «desde o noso partido recollemos e compartimos as propostas deste colectivo, que nos últimos anos realizou importantes mobilizaciónsen defensa dos seus dereitos».
Castro explicou que «non podemos tolerar que as persoas maiores teñan a obriga de adaptarse ao bancos, son os bancos os que deben adaptarse as necesidades dos nosos e nosas maiores, que merecen un trato humanizado e de calidade». Por outra parte, Castro subliñou que a exclusión financeira tamén amosa outras caras: «peches de oficinas, encarecemento do cobro por acceder á conta bancaria, realizar transferencias ou xestionar os seus aforros, accións que afectan máis gravemente ás persoas maiores ante a posta en marcha desas novas tecnoloxías».
«Reclamamos o incremento das pensiónspara aproximalas o máis posíbel a este encarecemento do coste da vida, pois esta subida dos prezos a xubilidados e pensionistas é un dos sectores ao que máis lles afecta», sinalou Castro, que tomou nota das propostas destes colectivos, que fará chegar ás forzas políticas do Estado.
O BNG aposta por unha banca pública galega «para poñer no centro a veciñanza, evitando que unha parte do aforro galego marche para fóra do noso país». Daniel Castro sinalou que «é urxente frear os abusos da banca e pola parte das entidades bancarias ofrecer un trato humanizado e todos os recursos que precisan». Castro indicou que liderará «as negociacións necesarias para protexer os dereitos das persoas usuarias da banca garantindo o acceso aos servizos sen discriminación».